"O 25 de novembro do 99 será un deses días que calquer celtista non esquecerá, xa non só polo partido, senón pola invasión de afeccionados chegados de tódolas esquinas de Portugal que viñeron a animar ó equipo das "aguias". As bancadas de Balaídos estaban cheas ata a bandeira e o comportamento de portugueses e célticos foi exemplar. Do partido pouco cabe dicir despois de ve-lo resultado: o Celta foi unha apisonadora que humillou o dobre campión de Europa. Despois do encontro, de certo xeito, tamén compartimos a pena dos seguidores portugueses que regresaron ás súas casas desilusionados pola derrota sufrida. Os 7 goles do Celta percorreron Europa."
.....
transcrito do site do Celta de Vigo .....E assim declaro abertas as hostilidades neste blog..............
posted by Dark Goblin
Sem comentários:
Enviar um comentário